. 03 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.
Mañá • Superando as expectativas da organización, asumida polo CCA de Carballo (CCA), veñen de pecharse en 120 as inscricións para o primeiro peKecrossfit inclusivo, este domingo 4 de xaneiro na carpa da Praza. Deporte, diversión, inclusión e solidariedade uniranse nesta proposta cun prezo simbólico de 3 euros por persoa, a aboar alí: todo será destinado aos programas de inclusión de Un Paso Máis. Cada participante recibirá un peto conmemorativo e as 50 primeiras inscricións levarán entrada dobre para o cine.
Haberá actividade mañá e tarde, con quendas ás 12.00, 12.15, 13.00, 13.15, 17.00, 17.15, 18.15 e 18.30. As das 12.00, 13.00, 17.00 e 18.15 están especialmente pensadas para nenos con necesidades de apoio. Se o tempo o permite, Un Paso Máis sumará propostas de sensibilización ás 13.00 e 18.30. Agradece o CCA ás familias participantes e tamén aos colaboradores: Vázquez y Reino, patrocinador do encontro, Concello, Gadis, Neumáticos Suso, Club Ciclista, Brigada Municipal, Policía Local e voluntarios anónimos. Archivado en: Carballo municipio
(0)تعليقات