A Deputación mobiliza 1,4 millóns de euros en 35 axudas para concellos e entidades da provincia

A Deputación mobiliza 1,4 millóns de euros en 35 axudas para concellos e entidades da provincia
View on original source
Category: Politics
Share
Archive
Like
Publicidad O Concello do Balo recibe 93.800 euros para unha fosa séptica e o arranxo do núcleo das Ermidas A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou na súa sesión deste luns 35 subvencións por un importe global de 1.399.446,36 euros, recursos destinados fundamentalmente á cooperación cos concellos e á colaboración co tecido social e deportivo da provincia. Esta nova mobilización de recursos responde ao modelo de cooperación da institución provincial, orientado a atender as necesidades dos municipios, contribuír á mellora dos servizos públicos e apoiar o labor desenvolvido polo tecido asociativo da provincia. En conxunto, os preto de 1,4 millóns de euros mobilizados nesta sesión tradúcense en actuacións en ámbitos como estradas e camiños, saneamentos, espazos públicos, instalacións deportivas, cultura, servizos de emerxencias, actividade económica, deporte e atención social. A Deputación continúa así desenvolvendo a súa función de cooperación cos concellos e colaboración co tecido asociativo, facendo dos recursos provinciais unha ferramenta para mellorar os servizos e equipamentos públicos e impulsar actuacións concretas no territorio. Publicidad Máis de 1,3 millóns de euros para cooperación municipal O principal bloque da sesión corresponde á cooperación cos concellos, con 31 axudas por un importe conxunto de 1.316.446,36 euros. As subvencións permitirán financiar actuacións relacionadas coa mellora de estradas, camiños, rúas e accesos; saneamentos; humanizacións e acondicionamento de espazos públicos; instalacións deportivas; equipamentos; cultura; actividade económica ou servizos municipais. Entre as actuacións aprobadas figura o apoio ao Concello do Bolo, que recibe un total de 93.800 euros: 43.800 euros para unha fosa séptica e 50.000 euros para o arranxo de paredes e estradas no núcleo das Ermidas. Tamén se destinan 40.000 euros a Lobios para a mellora de viais municipais; 47.991,87 euros a Boborás para a humanización da contorna da igrexa de San Pedro do Regueiro; 29.900 euros a Cartelle para a reparación de infraestruturas municipais; e 18.000 euros a Castrelo de Miño para a substitución das táboas do pantalán. A cooperación provincial permitirá ademais destinar 30.999,98 euros a Coles para a humanización do núcleo de Prados de Ribela; 19.000 euros a Entrimo para a humanización do entroncamento das estradas OU-1212 e OU-1211; e 60.000 euros a Quintela de Leirado, repartidos a partes iguais entre a mellora de camiños en Souto e o saneamento en Chedas. Pola súa banda, Riós recibe 16.961,95 euros para a humanización das rúas Campo da Feira e Marmolín; Sarreaus, 45.000 euros para acondicionar viais urbanos; Taboadela, 37.579,99 euros para o arranxo de estradas; Vilamarín, 32.000 euros para a mellora de camiños; A Mezquita, 28.791,55 euros para pavimentación na Esculqueira; e Muíños, 48.200 euros para o acondicionamento de espazos públicos. Investimentos en instalacións deportivas Outro dos ámbitos destacados é a mellora das infraestruturas e equipamentos deportivos municipais. Neste apartado, a Xunta de Goberno aprobou 171.230,23 euros para Xinzo de Limia destinados ao proxecto dos vestiarios do campo de fútbol da Carreira e 120.000 euros para A Peroxa para substituír o céspede artificial do campo de fútbol do Marco. A estas actuacións súmanse 30.000 euros para San Amaro destinados á construción dos vestiarios do campo de fútbol de Lamela, en Salamonde; 35.000 euros para Maceda para o mantemento e rehabilitación de espazos lúdico-deportivos; 11.991,12 euros para Lobios para eliminar goteiras e humidades no polideportivo; e 11.999,67 euros para Bande para adquisición de material deportivo. No caso de San Amaro, a Deputación mobiliza nesta sesión un total de 130.000 euros en tres actuacións, xa que aos 30.000 euros para os vestiarios súmanse 60.000 euros para a mellora do firme da estrada de acceso a Anllo Pequeno e A Touza e outros 40.000 euros para mellorar os accesos aos núcleos de Montes e Sandulces. Actuacións destacadas en Xinzo, A Peroxa e Ribadavia Entre as maiores achegas aprobadas nesta Xunta de Goberno destaca Xinzo de Limia, con 271.230,23 euros. Ademais dos 171.230,23 euros para os vestiarios do campo de fútbol da Carreira, a Deputación achega 100.000 euros para o segundo cofinanciamento do proxecto de remodelación da Praza de Abastos, correspondente á anualidade de 2026. Pola súa banda, A Peroxa recibe 168.000 euros, dos que 120.000 euros se destinan á substitución do céspede artificial do campo de fútbol do Marco e 48.000 euros a actuacións de alcantarillado en Lentomil e Corneda e regos en vías municipais. En Ribadavia, a cooperación provincial ascende nesta sesión a 120.000 euros, distribuídos entre 50.000 euros para os gastos de funcionamento do Conservatorio, 40.000 euros para o funcionamento do GES durante 2026 e 30.000 euros para a Mostra Internacional de Teatro. Finalmente, Xunqueira de Espadanedo recibe 20.000 euros, dos que 7.000 euros se destinan á nave cultural e 13.000 euros á humanización do Mosteiro. 83.000 euros para entidades deportivas e sociais O segundo gran bloque de subvencións corresponde á colaboración con entidades, cun total de 83.000 euros distribuídos en catro axudas. No ámbito deportivo, a Deputación destina 25.000 euros á Federación Galega de Tenis para o Internacional de Tenis e actividades de promoción da provincia; 30.000 euros ao Club Voleibol Ourense para os gastos de funcionamento correspondentes á tempada 2025-2026; e 8.000 euros á Fundación Ado Moure Pro Deporte para o Día da Bici correspondente ao ano 2025. No ámbito social, a Xunta de Goberno aprobou unha subvención de 20.000 euros á Fundación de Solidariedade Amaranta, destinada a solucións residenciais para mulleres vítimas de trata e violencia de xénero. A Xunta de Goberno tamén abordou a resolución da convocatoria pública para o reparto do uso dos espazos deportivos do Pazo dos Deportes Paco Paz durante a tempada 2026-2027, así como unha modificación do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos Municipais de 2026, a petición do Concello de San Xoán de Río en relación con actuacións neste municip

(0)Comments

 

A note on cookies

Newshunt uses essential cookies to keep you signed in and to remember your language and country, so the site works the way you expect. With your permission, we'd also like to use analytics cookies to understand how people use Newshunt and improve it over time.

Accepting only affects analytics. To learn more, view our Privacy Policy or Terms & Conditions.