O Concello da Laracha licita tres proxectos de mellora da rede viaria por un importe conxunto de 319.000 euros

O Concello da Laracha licita tres proxectos de mellora da rede viaria por un importe conxunto de 319.000 euros
View on original source
Category: Business
Share
Archive
Like
As actuacións, que se financiarán integramente con fondos propios municipais, permitirán mellorar a superficie de rodadura en estradas de Vilaño e Soandres. O Concello licitou hoxe tres novos proxectos de mellora da rede viaria municipal por un importe conxunto de 319.000 euros a financiar integramente con fondos propios municipais. Os traballos afectarán aos núcleos de Vilanova, Fornelos e Fragunde, así como á estrada que comunica Marfulo con A Piña, todos eles na parroquia de Vilaño, e a vías que discorren por Vista Alegre e A Millarada, na parroquia de Soandres. As actuacións contempladas teñen por finalidade mellorar a superficie de rodadura das estradsa afectadas co propósito de facilitar a circulación e contribuír a incrementar a seguridade viaria. A documentación correspondente aos tres procedementos está dispoñible para a súa consulta na Plataforma de Contratación do Sector Público. O prazo para a presentación de ofertas permanecerá aberto ata o 28 de setembro. Con estas actuacións o Concello continúa avanzando na mellora e conservación da rede viaria municipal, destinando recursos propios a actuacións que contribúen a facilitar as comunicacións entre todos os núcleos de poboación do termo municipal.

(0)Comments

 

A note on cookies

Newshunt uses essential cookies to keep you signed in and to remember your language and country, so the site works the way you expect. With your permission, we'd also like to use analytics cookies to understand how people use Newshunt and improve it over time.

Accepting only affects analytics. To learn more, view our Privacy Policy or Terms & Conditions.