Renfe "prioriza" unidades para Asturias e resta servizos na Mariña

Renfe "prioriza" unidades para Asturias e resta servizos na Mariña
View on original source
Category: Business
Share
Archive
Like
"A xerencia de Renfe do servizo público de Asturias e Cantabria está a priorizar as unidades de gasóleo para a prestación de servizos en Asturias", denunciaron esta segunda feira desde a Plataforma pola Defensa do ferrocarril Ferrol-Ribadeo. A través dun comunicado, este colectivo lembrou que xa no pasado mes de agosto estiveron sen servizo de proximidade na Galiza os días 13, 17, 18, 19, 20 e 21. "O principal problema do noso Ferrol-Ribadeo e do resto do Ancho Métrico operado por Renfe (Asturias, Cantabria, Castela e León…) é o insuficiente parque de unidades (por culpa da súa fiabilidade), sobre todo de gasóleo, así como a falta de recambios para o mantemento das unidades", aseguran desde a plataforma. A "resposta" á situación por parte de Renfe, segundo indican desde este colectivo, foi "priorizar os servizos de Media Distancia entre Ribadeo e Asturias". Xerencia de Proximidade Esta situación, para a plataforma, está relacionada coa decisión de que os servizos de proximidade Ferrol-Ortigueira (único servizo deste tipo na Galiza) deixasen de formar parte da xerencia de Renfe de Servizo Público da Galiza, e pasasen a depender da xerencia de Renfe do Servizo Público Asturias e Cantabria. Diante deste panorama, o colectivo urxe "de inmediato" a creación dunha Xerencia de Proximidade da Galiza que reúna os servizos xa existentes Ferrol-Ortigueira e que teña "as necesarias unidades fixas asignadas". Lembran que "xa hai en funcionamento o servizo de proximidade e está xustificada a súa creación" polo que "de engadirse os percorridos de proximidade que están pendentes de estudio polo Goberno do Estado, poderían integrarse á xerencia xa creada".

(0)Comments

 

A note on cookies

Newshunt uses essential cookies to keep you signed in and to remember your language and country, so the site works the way you expect. With your permission, we'd also like to use analytics cookies to understand how people use Newshunt and improve it over time.

Accepting only affects analytics. To learn more, view our Privacy Policy or Terms & Conditions.