A República Popular China refuta Friedrich Hayek

A República Popular China refuta Friedrich Hayek
View on original source
Category: Financial
Share
Archive
Like
"Ninguém jamais tentou fazer uma reforma na escala desta que a China está realizando. Nenhum outro país tentou combinar economias planejadas e de mercado... Se vocês forem bem-sucedidos, levantarão questões filosóficas tanto para as economias planejadas quanto para as de mercado". Henry Kissinger, secretario de Estado, a Deng Xiaoping, líder da reforma iniciada en 1978. O éxito da reforma obrigou a mudar a política económica dos EUA como explicou Jake Sullivan, sendo asesor de Joe Biden, ao analizar a necesidade do activismo público en política industrial. O mesmo impulso orientou a proposta de Draghi dirixida a promover a soberanía industrial e tecnolóxica da UE. Donald Trump coordina os sectores tecnolóxico e de defensa nos que o Pentágono investirá 200.000 millóns de dólares en tres anos para manter a vantaxe sobre a China. No Sur Global, o Instituto Tricontinental perfecciona a teoría da dependencia medíndoa en seis ámbitos: tecnolóxico, financeiro, produtivo, da rede, distributivo e comercial. A República Popular China (RPC) distínguese do resto pola evolución positiva deste indicador. O factor principal para ese progreso é a altísima taxa de investimento en capacidade produtiva, 40% do PIB durante décadas, que contrasta con taxas entre 15% e 22% en América Latina. Alí, as burguesías subalternas desvían o excedente á especulación financeira, permiten a repatriación de beneficios das multinacionais, desbáldena en consumo suntuario e evaden capitais. Na RPC, a dirección estatal obriga a reinvestilo en nova capacidade produtiva. Teoría dos mercados construtivos As "questões filosóficas" que auguraba Kissinger estúdanse na China. Unha formación social de 1.400 millóns de habitantes, responsábel do maior éxito económico e tecnolóxico da historia, crea necesariamente poderosas institucións de investigación. Recomendo a lectura do número da Revista de Pensamento Chinês Contemporâneo no que Meng Jie e Zhang Zibin desenvolven a teoría dos mercados construtivos. Os autores mostran un coñecemento completo do pensamento económico occidental citando pensadores actuais (Mazzucato, Rodrik, Miliband, Sullivan), e clásicos (Polanyi, Hayek). Un coñecemento que contrasta coa persistente ignorancia occidental a respecto da academia chinesa. Jie e Zibin comparan tres teorías sobre o mercado. Friedich Hayek, un dos principais ideólogos do liberalismo clásico, inspirou as políticas neoliberais dominantes durante catro décadas e apoiou a ditadura chilena. Hayek afirmaba que os mercados xorden por evolución espontánea e non poden ser construídos polo Estado, o que demostraría a imposibilidade do socialismo. O sistema soviético, de grande éxito na primeira industrialización, optou por eliminalos e substituílos polo Estado. Esta opción foi un dos erros que provocou o fracaso na transición da primeira industrialización a unha economía máis complexa e diversificada. O marxista Karl Polanyi xulgaba que non existen mercados autónomos e auto-regulados, senón condicionados pola acción estatal. Jie e Zibin adoptan esta perspectiva. Na RPC, "em setores estratégicos e fundamentais, o Estado atua como arquiteto do mercado, guiando sua trajetória de desenvolvimento e coordenando a divisão do trabalho". Un dos vectores de intervención é o capital financeiro estatal "para influenciar e mesmo controlar a produção e atingir grandes objetivos de desenvolvimento nacional". Desde 2013 a 2022, os fundos públicos de orientación da industria pasaron de menos de 200 a máis de 1.600 e o capital por eles fornecido multiplicouse por cinco. Foron decisivos para superar o cerco tecnolóxico estabelecido polos EUA mediante a creación de capacidades propias en fabricación de semicondutores. A propiedade estatal continúa a ser dominante. En 2020, destina 55% do capital total, por 33% dos lares chineses e 12% de investidores estranxeiros. Combínase con control público dos puntos de estrangulamento en que o capital privado podería crear monopolios desde os que extraer rendas parasitarias en troques de investir: materias primas, terra, infraestruturas e capital financeiro. A planificación quinquenal determina os sectores prioritarios nos que se incentiva a iniciativa privada guiada á consecución dos obxectivos estabelecidos. As burguesías latinoamericanas lúcranse dunha economía extractiva instalada na dependencia e na exportación de materias primas. A burocracia do partido-estado dirixe unha economía avanzada e complexa. A RPC derrotou a Hayek. Fican cuestións por resolver: socialismo, viabilidade ecolóxica...

(0)Comments

 

A note on cookies

Newshunt uses essential cookies to keep you signed in and to remember your language and country, so the site works the way you expect. With your permission, we'd also like to use analytics cookies to understand how people use Newshunt and improve it over time.

Accepting only affects analytics. To learn more, view our Privacy Policy or Terms & Conditions.