Un total de 17 persoas faleceron nas estradas galegas este verán, catro menos ca en 2025

Un total de 17 persoas faleceron nas estradas galegas este verán, catro menos ca en 2025
View on original source
Category: Business
Share
Archive
Like
Un total de 17 persoas perderon a vida nas estradas galegas durante o verán de 2026, nos meses de xullo e agosto, catro menos ca en 2025. Así o avanzou este luns o ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, que presentou o balance provisional da sinistralidade viaria rexistrada nas estradas españolas, xunto co director xeral de Tráfico, Pere Navarro, e a subsecretaria do Ministerio do Interior, Susana Crisóstomo. A nivel estatal, un total de 240 persoas morreron nas estradas españolas, 12 máis ca en 2025, o que supón un aumento do 4% respecto das 230 que faleceron o ano pasado. Así mesmo, durante os meses de xullo e agosto outras 926 persoas sufriron feridas graves e tiveron que ser hospitalizadas, un 10% menos ca no mesmo período do ano anterior, nun contexto de aumento da mobilidade no que as viaxes de longo percorrido medraron un 1,5% e superaron os 102 millóns de desprazamentos. Por meses, agosto concentrou o maior volume de mobilidade, con 52,5 millóns de desprazamentos, fronte aos 49,5 millóns contabilizados en xullo. "ESTE FOI UN MAL VERÁN" "Este foi un mal verán" no que cada día faleceron catro persoas por accidentes de tráfico, sinalou Marlaska, aínda que precisou que, no caso dos motoristas, é a primeira vez que se rompe a tendencia á alza, con 54 falecidos, 18 menos ca en 2025. Segundo dixo, trátase do primeiro verán desde 2014 no que a media diaria de motoristas falecidos baixa por debaixo dunha vítima ao día. Esta redución concentrouse especialmente en Galicia, Andalucía, Madrid e Cataluña. Con todo, o ministro advertiu de que este colectivo segue a ser especialmente vulnerable, xa que a metade dos motoristas falecidos perdeu a vida durante a fin de semana, en estrada convencional e por saída de vía.

(0)Comments

 

A note on cookies

Newshunt uses essential cookies to keep you signed in and to remember your language and country, so the site works the way you expect. With your permission, we'd also like to use analytics cookies to understand how people use Newshunt and improve it over time.

Accepting only affects analytics. To learn more, view our Privacy Policy or Terms & Conditions.