San Ramón veteranos, campión da 39° edición do Torneo 'Concello da Laracha' de peñas de fútbol

San Ramón veteranos, campión da 39° edición do Torneo 'Concello da Laracha' de peñas de fútbol
View on original source
Category: Sports
Share
Archive
Like
Venceron na final a Canteras El Pozo por un contundente 5-0. San Ramón Veteranos proclamouse campión da 39° edición do torneo de peñas de fútbol 'Concello da Laracha'. Fíxoo tras impoñerse na final por un contundente 5-0 a Canteras El Pozo no encontro celebrado onte domingo no Campo Municipal da Laracha. Aínda que os da parroquia de Cabovilaño xa lograron unha vantaxe importante poñéndose 2-0 no primeiro cuarto de hora do partido con tantos de Mario e Juni, despois ata o descanso o encontro estivo disputado, sendo Canteras El Pozo capaces de competir. Con esa desvantaxe no marcador, e prexudicados polas lesións de xogadores importantes do equipo, os de Soandres baixaron o nivel físico na segunda metade, na que San Ramón foi moi superior e sentenciou con outros tres goles, todos eles marcados por Manteca. A entrega dos trofeos foi a cargo da concelleira de Deportes, Patricia Bello, e do edil Manuel García Montes. FICHA TÉCNICA DA FINAL SAN RAMÓN VETERANOS 5 – 0 CANTERAS EL POZO Goles: Primeira parte: 1-0 (Mario), 2-0 (Juni). Segunda parte: 3-0, 4-0 e 5-0 (Manteca). SAN RAMÓN VETERANOS: Equipo inicial: Rubén; Manteca, Damián, Eme, Yago; Adri Peña, Toni, Mario; Juni, Pouso e Borja. Tamén xogaron: Alex, Javi, Chato, Pedreira, Matías, Gus, Fernando e Juan. Adestrador: Roy Junior CANTERAS EL POZO: Equipo inicial: Iván; Rama, Félix, Palmer, Quim; Carlos, Quintana, Ruko, Cristian; Héctor e Martín. Tamén xogaron: Miguel Castro, Odón, Boby, Rubi, Jesús, Christian, Platas, Yeray, Alberto, Aka, Kitos, Manu, Eloy e Diego. Adestrador: Alejandro Varela. Partido disputado no Campo Municipal da Laracha o domingo 6 de setembro ás 12:00 h.

(0)Comments

 

A note on cookies

Newshunt uses essential cookies to keep you signed in and to remember your language and country, so the site works the way you expect. With your permission, we'd also like to use analytics cookies to understand how people use Newshunt and improve it over time.

Accepting only affects analytics. To learn more, view our Privacy Policy or Terms & Conditions.