JA

Jaureguizar

Unha tormenta seca

Image
BAIXEI AO Lidl de San Fiz. Fun comprar unhas xelatinas de laranxa. Prometen non levar azucre e si proteínas como para unha voda. A cidade crece nese barrio cuns edificios que respiran pola distancia entre eles. Parécenme bonitos. A arquitectura é luz, Hai moita nese desenvolvemento urbano. Ao fondo, mantéñense o núcleo de casas de pedra, os antergos tranquilos no cemiterio e as hortas lentas para presumir de tomate. Estaba baixando cara á fuga madrileña cando a tarde sufriu un ataque de furia. O vento toleou, empezou a correr dun para outro; irado e imparable. Non me quedou outro remedio que entrar no McDonalds . Para os que amamos eses guisos de caza que nos promete este outono é unha blasfemia. Cando me sento escribirlles estas columnas prométome contarlles a verdade, así que vóullela confesar. Ir ao Lidl era unha escusa para pasar polo McDonalds. Vou os domingos a media tarde, cando os lucenses padecen os caprichos do fútbol. Pido un café e unha 'appel pie'. O espresso de McDonalds é delicioso. Sería o meu café favorito da cidade se mo servisen nunha taza de cristal, xa non pido louza. A 'appel pie' é unha empanadilla fritida rechea de anacos de mazá que se bañan nunha marmelada da mesma froita. Cada vez que a desfruto comprendo máis a Eva cando colleu a 'apple pie' que lle puxo Deus diante do nariz. Na mesa do lado había unha parella da miña idade; é dicir, avanzada. Parecían estarse coñecendo. El fora militar en Ferrol. Dicía que o pan de Ferrol era mellor que o de Lugo; que en Ferrol había mellores pastelerías que en Lugo; que o polbo se prepara a xeito en Ferrol. Evidentemente, quería levar aquela muller a Ferrol. Convidala a unha hamburguesería non foi o principio que eu elixiría. Ao cabo, non choveu. A tormenta foi seca, estraña.
Unha tormenta seca
View on original source
Share
Archive
Like

(0)Comments

 

Related Opinion

A note on cookies

Newshunt uses essential cookies to keep you signed in and to remember your language and country, so the site works the way you expect. With your permission, we'd also like to use analytics cookies to understand how people use Newshunt and improve it over time.

Accepting only affects analytics. To learn more, view our Privacy Policy or Terms & Conditions.