NA

Natalia Lema Otero

Os veráns na casa dos avós

Image
Foto de archivo de la playa de Langosteira ANA GARCIA Setembro é para min un mes de cambios. Aínda tantos anos despois, a volta ao colexio, neste caso á universidade, prodúceme eses sentimentos encontrados. Neste mes, remataban os veráns que parecían eternos, naqueles anos onde o tempo aínda non era un impedimento para reunirnos as familias en torno a unha mesa. A meirande parte das almas que compoñían aquela comitiva xa non están. Atrás quedan as súas voces de algarabía resoando con estrondo nas catro paredes do noso comedor. Esas reunións fóronse acabando, coma os veráns compartidos cos curmáns onde non había pantallas nin os nenos quedaban na casa. Por veces, non viamos aos nosos pais en todo o día, non existía esa supervisión férrea e ese control parental abafante. Os nenos xogaban fóra e eran nenos. Se abrías algunha brecha no xeonllo, poñías unha venda rápida e a seguir. Para min, non existía esa fraxilidade autoimposta ás crianzas. Naqueles anos, éramos ricos e sen sabelo. Tiñamos a nosos avós, tíos e pais vivos, con todas as súas eivas e acertos. Non dependiamos do reloxo nin estabamos continuamente revisando o enderezo electrónico do traballo. As responsabilidades adultas aínda eran un eco lonxe do noso maxín. Agora, dende unha perspectiva allea, aqueles anos foron infancia feliz que escorregou das nosas mans coma un puñado de auga entre os dedos. Acotío, penso que oxalá puidera regresar a aqueles tempos que pasamos tan frugalmente para darlle a impronta necesaria na nosa memoria. Síntome, pois, unha grande privilexiada por sentirme tan amada por aqueles que xa non están. O amor da familia, a calidez daqueles veráns fortuítos que xa non volverán. Pequenos privilexios dos que non eramos conscientes.
Os veráns na casa dos avós
View on original source
Share
Archive
Like

(0)Comments

 

Related Opinion

A note on cookies

Newshunt uses essential cookies to keep you signed in and to remember your language and country, so the site works the way you expect. With your permission, we'd also like to use analytics cookies to understand how people use Newshunt and improve it over time.

Accepting only affects analytics. To learn more, view our Privacy Policy or Terms & Conditions.