CO

Cosme Damián Román Cousido

Sobre dez medidas para recuperar ambientalmente A Limia

Image
Hai algún tempo, varias entidades ambientais, entre elas o G. N. Hábitat, puxemos o foco na necesidade da recuperación ambiental parcial da lagoa de Antela e da chaira limiá. Entre as dez medidas máis axeitadas (por ser tecnicamente factibles e economicamente asumibles pola administración), estaría restaurar completamente unha lámina continua de auga estable e de calidade nas 1028 hectáreas que eran de dominio público na antiga lagoa de Antela. En relación con isto, o vindeiro día 8 de setembro faranse 68 anos do comezo da desecación esta valiosísima zona húmida de 3.600 hectáreas, no corazón da comarca ourensá da Limia. A día de hoxe, só a Veiga de Gomareite, no extremo norte da antiga lagoa, está parcialmente restaurada, cunhas poucas hectáreas asolagadas. Na eventual recuperación ambiental deberíanse incluír o asolagamento controlado de terreos próximo á Veiga de Gomareite de menor ou igual cota a 617 m sobre o nivel do mar. Tamén sería importante renaturalizar canles de drenaxe fóra da zona a restaurar pero dentro da antiga lagoa de Antela (arredor de 25 km de canles), ademais de crear novas lagoas extensas e pouco profundas (1-2 m de profundidade por debaixo do nivel freático) en 100 hectáreas de titularidade pública limítrofes coa canle principal de Antela. Outras acción interesantes estarían vencelladas coa recuperación da morfoloxía lonxitudinal e transversal dos principais cursos fluviais da Limia, con creación de zonas húmidas nas súas beiras e restauración da vexetación nativa do espazo de ribeira que inclúa arborado de ribeira autóctono. Como accións sobre os viais, proponse eliminar as pistas sen uso agrícola incluídas entre o «límite agrícola» (bordo das fincas con zonas inundables) e o río Limia nos concellos de Rairiz de Veiga, Porqueira e Vilar de Santos, para pasar de 25,5 km a só 4 km (os realmente necesarios para as servidumes de explotación), alén de corrixir o trazado da vía construída en 1985 entre as localidades da Saínza e Toxal-Airavella, xa que fragmenta innecesariamente unha importante zona da chaira de inundación. Complementariamente, cómpre recuperar en conxunto a dinámica hidrolóxica no espazo natural, retrocedendo as moutas lonxitudinais de defensa, recuperando as canles de meandro naturais dos ríos Limia, Fírbeda e Vidueiro no interior das chairas de inundación, e restaurando o conxunto inundable dos concellos limiaos (incluíndo as veigas de Dornallo e do Bidueiro), entre outras medidas. Por último, débese garantir a aplicación estrita e inmediata da Directiva Marco de Augas en toda a comarca da Limia, para lograr un estado «bo» de todas as masas e cursos de auga, tanto superficiais como subterráneos, na comarca da Limia. Conclusión: o Grupo Naturalista Hábitat chama ao 8 de setembro o «Día de Antela», unha ocasión perfecta para insistir na necesidade de recuperar a vida vencellada á auga nesta comarca ourensá.
Sobre dez medidas para recuperar ambientalmente A Limia
View on original source
Share
Archive
Like

(0)Comments

 

Related Opinion

A note on cookies

Newshunt uses essential cookies to keep you signed in and to remember your language and country, so the site works the way you expect. With your permission, we'd also like to use analytics cookies to understand how people use Newshunt and improve it over time.

Accepting only affects analytics. To learn more, view our Privacy Policy or Terms & Conditions.