SA

Santiago Lago Peñas

Mitos sobre a industria galega

Image
A cota de Galicia na industria manufactureira española está por riba do peso da economía galega no PIB de España. Non somos Baden-Wurtemberg, pero tampouco o ermo industrial que algúns seguen denunciando. Ademais, a evolución no que levamos de século foi notablemente positiva en termos comparados. Segundo a Contabilidade Rexional do INE, Galicia é a quinta comunidade autónoma na que máis medrou o valor engadido da industria manufactureira desde o ano 2000. O País Vasco, Cataluña, Madrid ou a Comunidade Valenciana, presentan un crecemento acumulado moi inferior ca nós no primeiro cuarto de século. Por que ocorreu isto? Unha resposta convincente pode atoparse no libro de Antón Baamonde e Daniel Hermosilla: «Galicia, distrito industrial», que describe unha realidade que con frecuencia infravaloramos: unha rede de empresas industriais, auxiliares e de servizos avanzados que funciona como un ecosistema produtivo integrado. O anterior é compatible con constatar que a industria perdeu peso relativo no conxunto de España e en todas as comunidades autónomas, porque outros sectores medraron máis rápido. Unha explicación é que actividades que antes se realizaban dentro das empresas industriais hoxe son contratadas externamente. Cando labores de informática, mantemento ou enxeñaría pasan a unha empresa especializada, a estatística deixa de contabilizalas como industria para facelo como servizos. A industria manufactureira xera efectos de arrastre especialmente valiosos sobre o resto da economía. Aumenta a produtividade, favorece as exportacións, impulsa a innovación e adoita xerar emprego de maior calidade. Por iso deberiamos aspirar a que gañase dimensión nos videiros anos. Tampouco hai contradición entre valorar os resultados globais e ser conscientes dos problemas. Houbo peches empresariais. Houbo proxectos frustrados. Hai sectores e comarcas que atravesan dificultades. Todo iso merece atención, mais sendo conscientes de que adoitamos ser vítimas dun fenómeno de nesgo cognitivo: os problemas ocupan máis espazo na conversa pública que os éxitos. E os medios de comunicación, reflicten esa realidade. Sirva coma exemplo o feito de que nestes vinte e cinco anos compañías como Urovesa, Estrella Galicia, Delta Vigo ou UNVI máis que quintuplicaron a súa facturación, un feito que recibe menos atención que o peche dunha empresa. Por iso convén distinguir entre a perspectiva micro e a macro. A segunda é a máis relevante para avaliar tendencias xerais.
Mitos sobre a industria galega
View on original source
Share
Archive
Like

(0)Comments

 

Related Opinion

A note on cookies

Newshunt uses essential cookies to keep you signed in and to remember your language and country, so the site works the way you expect. With your permission, we'd also like to use analytics cookies to understand how people use Newshunt and improve it over time.

Accepting only affects analytics. To learn more, view our Privacy Policy or Terms & Conditions.