JO

José Vicente Domínguez

A necesaria «estabilidade»

Image
El Siradella, a su paso por Corrubedo durante la primera jornada de la Regata Ramiro Carregal. JUAN CABALLERO estabilidade. É este un termo que utilizamos todos os seres humanos en moitos eidos das nosas vidas. Podemos dicir «fan unha parella estable», «o goberno no ten estabilidade» ou incluso pensar que a estabilidade do dólar non está en consonancia coa cabeza de quen dirixe o país responsable de dita moeda. Pero para os da banda do mar, amais desas apreciacións, tendemos a relacionar a estabilidade coas embarcacións, e cantas veces cometemos erros de apreciación tales ca os de considerar que un barco que non balancea é un barco estable! E nada máis lonxe da realidade. Unha embarcación tense que mover tanto transversal como lonxitudinalmente, ata recuperar a estabilidade transversal (escora) ou a lonxitudinal (adrizamento). Si a embarcación fai a recuperación de maneira rápida, dicimos que ten unha estabilidade dura e se recupera máis lentamente, dicimos que ten unha estabilidade branda. Si algún artefacto que aboie non balancea ou non cabecea, podemos ter por certo que non se trata dunha embarcación no senso do que falamos. Sen meternos en fonduras, poderíamos dicir que un barco é estable cando, sometido a forzas externas de mar ou vento, tende a recobrar a súa condición inicial por si mesmo. Ou como nolo di o Diccionario Marítimo de Julián Amich: «Estabilidad es la propiedad peculiar de los buques bien construidos y bien cargados, de resistir las fuerzas que intentan hacerlos escorar». Claro que todo isto é posible explicalo teoricamente se falamos do metacentro e a súa relación co centro de gravidade dunha embarcación. Pero iso, non é cousa dun artigo de divulgación de termos mariños. En calquera caso, para clarexar o concepto, podemos acudir a sabios como Pierre Bouguer que, alá polo século XVIII foi quen lle deu o nome de metacentro (de meta, en grego), a altura límite que pode alcanzar o centro de gravidade. Sen dúbida que diso é do que depende a estabilidade ou a inestabilidade dunha embarcación. Claro que, falando de dicionarios, se recorremos ao Espasa, atopámonos con tan só dúas acepcións: Permanencia, firmeza; que nada ten que ver có que estamos a tratar. Por certo, o Dicionario da Lingua Galega é bastante máis explícito: «Calidade dunha persoa, obxecto ou sistema de se manter firme, en equilibrio, sen sufrir grandes alteracións». Anque tampouco fala das cousas do mar. E xa que os dicionarios non no lo queren aclarar, preguntémonos con certa malicia: terá a estabilidade algo que ver có desequilibrio político que nos demos os españois? Pois é posible que así sexa. De maneira que, tal como diciamos máis arriba, do mesmo xeito que un artefacto que non balancea ou da cabezadas non é un barco, tamén poderíamos concluír que para manexar un enxendro de tal categoría, sen forzas que o fagan escorar ou afuciñar, serve calquera. Pero si un ano tras doutro veñen fortes temporais que moven a nave do Estado e o capitán da nave, mal que ben, consigue manter a estabilidade, haberá que lle recoñecer os méritos ao capitán e á tripulación. E así, cando tal sucede, todos os axentes que interveñen nos asuntos estatais, deberían arrima-lo ombreiro e considerarse tripulantes da mesma nave. Pois para conseguir estabilidade navegando por enriba dun volcán, dunha pandemia, dunhas guerras ou dunha invasión migratoria, precísase a cooperación de todos os que teñan algo que aportar. Será despois, ao arribar a porto, cando o armador (ou sexa: todos nós, como propietarios dos votos) poderemos cambiar o mando do navío. Agora, aqueles que ven como o barco se balancea nun mar proceloso, deberían axudar a endereitalo e, ao remata-lo temporal, dicirnos que farían eles para darlle estabilidade á nave común do Estado en circunstancias similares.
A necesaria «estabilidade»
View on original source
Share
Archive
Like

(0)Comments

 

Related Opinion

A note on cookies

Newshunt uses essential cookies to keep you signed in and to remember your language and country, so the site works the way you expect. With your permission, we'd also like to use analytics cookies to understand how people use Newshunt and improve it over time.

Accepting only affects analytics. To learn more, view our Privacy Policy or Terms & Conditions.