LE

Ledicia Costas

Violencia

Image
Opinión | VOYAGER Ledicia Costas Escritora O pasado mércores 2 de setembro As Tanxugueiras pechaban as festas de Palencia cun concerto na Praza Maior. Esa mesma tarde, tiña lugar unha concentración con motivo das mobilizacións de apoio a Ceuta diante da Subdelegación do Goberno. A intención inicial das persoas convocantes era manifestarse na propia Praza Maior, mais a Policía Local emitira un informe desfavorable pola coincidencia coa xornada grande das festas de San Antolín nun espazo no que se agardaba a presenza miles de persoas polo concerto do trío galego. Cando rematou a concentración diante da Subdelegación, parte dos manifestantes decidiron ignorar o informe policial e dirixirse cara á Praza Maior para continuar coas protestas, ondeando bandeiras españolas e consignas contra o Goberno e a alcaldesa: «Pedro Sánchez, dimisión», «alcaldesa, dimisión» e incorporando a frase: «Hoy no se canta, hoy se defiende». O concelleiro de Cultura tivo que subir ao escenario para intentar acougar os ánimos. O público que agardaba a actuación das Tanxugueiras respondeu a este intento de boicot coreando o nome de Aida Tarrío, Olaia Maneiro e Sabela Maneiro, que saíron ao escenario con corenta minutos de atraso visiblemente emocionadas. Varias persoas denunciaban a través das redes sociais que algúns manifestantes ían aumentando a agresividade ao berro de: «Muerte a Galicia» e «Muerte a las paletas», compartindo vídeos dos momentos máis tensos que se viviron. É difícil permanecer incólume ante as agresións daqueles que afirman «defender España» mentres vomitan odio contra a nosa cultura. Que método de defensa tan curioso de España e de Ceuta. Creo que o máis sensato é quedar con todo ese público maioritario que coreou o nome das Tanxugueiras facéndose valer e logrando frustrar o intento de cancelación. Na tarde de onte, unha amiga de Santiago de Compostela contábame que pasara pola Praza do Obradoiro cando estaba tendo lugar a concentración de apoio a Ceuta e que lle chamara a atención a escasa afluencia. A sorpresa chegaba, dicíame, unhas horas despois, ao ver algunhas fotografías publicadas na prensa, onde daba a sensación de que o Obradoiro estaba ateigado de manifestantes. Dicir que os ánimos están caldeados é quedar curta. Impresióname tanto o que está ocorrendo en Ceuta e a información é tan confusa que teño a sensación de que escribir sobre este tema é camiñar sobre cristais rotos. O que si me atrevo a dicir é que o nivel de contaminación é insoportable. Sufro vendo en televisión as agresións, acoso e ameazas a xornalistas que intentan informar sobre a crise migratoria e que teñen que abandonar concentracións escoltados. Os reporteiros cobren as manifestacións entre empurróns e insultos en distintos puntos do país -especialmente duras son as imaxes das manifestacións en Madrid, con bandeiras co escudo da aguia estampada e a cruz de Borgoña-. E ao tempo que Internet está ateigada de entradas onde explican que fraco favor se lle fai a España e á democracia con esas imaxes que son fake (ollo con isto, porque a diferenza da lexislación alemá, a española non prohibe a exhibición de símbolos fascistas se non van acompañados de incitación á violencia, de aí que non sexa raro ver esta simboloxía nalgunhas manifestacións), chegan vídeos de dous inmigrantes intentando entrar nunha casa en Ceuta cunha voz en off que narra que ese vídeo non é nin de Ceuta nin é actual; ou outro onde aparecen centos de persoas camiñando polo monte representadas coma persoas migrantes que intentan entrar en Ceuta desde Marrocos e que, en realidade, é un vídeo gravado o 5 de xullo nun evento relixioso en Turquía que non garda ningunha relación con Ceuta. O veleno está inoculado de tal maneira que semella difícil desintoxicarnos. Eu, ao que máis medo lle teño, é a violencia. Esa que non deixa de medrar semana a semana. As persoas violentas son persoas perigosas. Falo da violencia física, mais tamén da verbal. Con ela é imposible soster a convivencia, tanto no público coma no privado. Suscríbete para seguir leyendo
Violencia
View on original source
Share
Archive
Like

(0)Comments

 

Related Opinion

A note on cookies

Newshunt uses essential cookies to keep you signed in and to remember your language and country, so the site works the way you expect. With your permission, we'd also like to use analytics cookies to understand how people use Newshunt and improve it over time.

Accepting only affects analytics. To learn more, view our Privacy Policy or Terms & Conditions.